Vai unha volta, unha volta e un poema Unha cantiga, a cantiga dunha nena Vai un xantar, un xantar, unha conversa Un pensamento, pensamento con talento
Vai o teu beixo, o teu beixo nun silencio Unha palabra, a palabra desexada
E agora que sae o sol o teu nome xa se ve Agora que sae o sol ti tamén es
Vai a esquecida, a esquecida e nomeada Unha sentenza, a sentenza que ti fagas Vai o teu dito, o teu dito cun sorriso Unha quimera, a quimera dunha espera
Foi unha volta, unha volta e un poema Unha cantiga, a cantiga dunha nena, Vou despedirme, despedirme cunha flor Vou despedirme, cunha flor de cor de ron