Era unha noite de lúa era unha noite clara, eu pasaba polo río de volta da muiñada.
Topei unha lavandeira que lavaba ao par da auga. Ela lavaba no río e unha cantiga cantaba Moza que vés do muíño, moza que ves pola estrada, axúdame a retorcer miña sábana lavada.
¡Santa María te axude e San Lourenzo te valla! Desparece a lavandeira como fumeira espallada Onde as sábanas tendera poza de sangue deixara.