Pode ser pola luz ou as sombras, Pode ser o fragor desas ondas, Rompendo nas rochas que abrazan o mar. Poden ser polos verdes intensos, Pola historia e a lingua en que eu penso, Polo lume que hai no fogar…
Sei que eu sinto e o sinto moi dentro, E respiro e vólvoo notar, Pódeselle dicir “sentimento”, Pero eu prefirolle chamar…
Alma Galega, Alma verde e mariñeira, Alma emigrante e viaxeira Que canta en vez de chorar. Alma galega, Alma libre e sen fronteiras, Que cruza un mar e navega, Sen medo ao que virá.
Poder ser pola chuvia que molla, A nostalxia o recordo e as follas Que eu cada outono vou vendo caer Pode ser pola festa e a xente Que che da o corazón para sempre E non podes deixar de querer…