Sementar sementarei, loguiño de crarear, en tanto no povo medre un meniño, un vello e un cantar.
Un meniño rebuldeiro que fale na lingoa nai que suba nos pexegueiros a fruta verde a roubar. Un vello que de consellos un rostro de fume e pan que conte contos ós nenos do cuco e do paspallás. Un cantar de redención que toque a desolación nun limpo e craro alborear. Logo, deixáime morrer, entre dous regos, queimado, cando veñan os solpores dos homes esfamiados.