Pomba de brancas anzas se ollas ó pé das augas á mái belida fada esa é a miña amada.
Pomba que voas leda se ves na banda da ría á máis belida frol esa é a miña amiga.
E miña amiga, coma as core s da mañá feiticeira e garimosa, coma unha noite de vran.
E miña amiga, vimbro de xunca lanzal arrecendente froliña, aloumiño do luar .
Que non brile máis a lúa nin luceiro da mañá se miña amiga perto de min non está.
Que sequen todas as fontes e quede sin auga o mar se miña amiga perto de min non está.
Ehi vái ,véla que ben vái miña amiga pola ría, camiño de seu casal .
Os seus cabelos son loiros coma as areias do mar e as estreliñas rebrilan, no medio do seu ollar. Anduriña,anduriña, se viras cabo da ría á máis xentil e benfeita, a millor ,a máis belida: ¡ esa é miña amiga! ¡ esa é miña amiga!