Hai un rumor que move o vento no ar Que encolle a ialma cando o sintes Hai un rumor que sabe a terra e a sal Que aínda ten voz na que habitar E algún rapaz teimando por preguntar Descubrirá que hai mil historias Nos ollos calmos de quen soubo gardar Ecos do alén
Na súa voz Está por destecer En cada frase un cantar Do que xa foi, do que ha de ser Na súa voz Quedou sen esquecer Do tempo un maino alalá Na súa voz
Non hai silencios si te vexo tentar Coller na man o mundo enteiro E así comenzan no teu berce a nevar As verbas que deixa un ronsel Antigas lendas da montaña e do mar E contos nados na lareira Van debuxando frente a ti, devagar Ecos do alén
Na túa voz A luz ha se prender Mostrando as sombras que fan Saber que hai máis do que outros ven Na túa voz Vieiros ancestrais Terán alento, meu ben Na túa voz