O meu país/ é verde e neboento É saudoso e antergo,/ é unha terra e un chan. O meu país/ labrego e mariñeiro É un recuncho sin tempo/ que durme nugallán.
Q quece na lareira,/ alo na carballeira Bota a rir. E unha folla no vento/ alento e desalento, O meu país.
O meu país/ tecendo a sua historia, Muiñeira e corredoira / agocha a sua verdá O meu país/ sauda ao mar aberto Escoita o barlovento/ e ponse a camiñar
Cara metas sin nome/ van ringleiras de homes E sin fin. Tristes eidos de algures,/ vieiros para ningures, O meu pais.
O meu país/ nas noites de invernía Dibuxa a súa agonía/ nun vello en un rapaz. O meu país/ de lenda e maruxias Agarda novos días/ marchando de vagar.
Polas corgas i herdanzas Nasce e morre unha espranza/ no porvir. E unha folla no vento/ alento e desalento O meu país.