(Luar Na Lubre Plenilunio) Pandeirada das Fiandeiras - Muiñeira de Ramelle
Alá arriba naquel monte unha fiadiña hai (bis) Quen me dera ir a ella sin o saber miña nai (bis) Ai lalalalala Ailalalalalalala (bis)
Esta noite hai unha fía e mañán unha espadela (bis) Bóteme o caldo mi madre que eu tamén quero ir a ella (bis) Ai lalalalala Ailalalalalalala (bis)
Os mariñeiros no mare arman vela arman vela (bis) Arman vela, arman vela i eu tamén a vou armar(e) (bis) Ai lalalalala Ailalalalalalala (bis)
Desde o meio do ceu alumía as mulleres ermas que contan ondas na Lanzada(1). Dona da fertilidade, raíña do mar e do ventre, compasa os sous ritmos diverxentes e abre-os ao milagre da reproducción na novena onda.
Tamén en Corme(2) as fémeas case espidas buscan o ritmo do seu seo baixo a Lúa, vixiadas pola Serpente Alada, ferida cunha cruz no seu lombo.
Cando as fémeas soben ao monte, a Serpente alza o seu volo levando unha Vella que Fía na Roca o fío do tempo; a sucesión de lúas novas e vellas, e cada Plenilunio, deixa ao seu paso grandes laxes que enchen de dólmenes a terra húmida, de Dombate(3) ao Hospital da Fonsagrada(4), da Faladoira ao Morrazo.
O luar fende a terra, es escoita-se un ritmo xordo de percusión profunda que é o pandeiro do amigo que xa non está. É o son do dolmen, o antigo ritmo da semente transformada na espiga do eterno campesino neolítico que todos levamos dentro.