Teñen sido moitos ao longo destes anos os arrepentidos e os traidores camuflados. Disparan as calumnias contra os guías eternos criminalizando os logros que obtiveron. Os revisionistas fixeron un bo traballo os imperialistas souberon agradecerllo.
Unha loita aberta contra os traidores da clase obreira. Unha loita aberta contra os disidentes anticomunistas.
Os renegados pulan por facer retroceder as agullas do reloxo da Historia. Pseudointelectuais de compravenda ofrecen informacións calumniosas a occidente. Contrarrevolucións de veludo comportaron a caída do “Telón de Aceiro”.
Moitos anos despois do suposto "terror" non observamos ningún progreso só unha terríbel involución. Adopción das ideas da pequena burguesía disfrazadas de marxistas-leninistas. Os colaboracionistas e os esquerdistas son de mel nos beizos e pezoña no corazón.
Unha loita aberta contra os traidores da clase obreira. Unha loita aberta contra os disidentes anticomunistas.