Aquí enriba dos vosos peitos persistimos coma unha muralla. Os vosos ollos, cascos de vidro; e os corazóns, tempestade de lume
Aquí enriba dos vosos peitos famentos, espidos, provocadores. Somos os gardas da sombra das laranxeiras e oliveiras.
Aquí enriba dos vosos peitos persistimos coma unha muralla. Os nosos nervios son de xeo e os corazóns despiden lume.
Cando teñamos sede espremeremos as pedras, Cando teñamos fame comeremos a terra, Pero non nos iremos, pero non seremos avaros do noso sangue, avaras do noso sangue.
Aquí temos un pasado, aquí temos un presente, Aquí esta o noso futuro: Palestina. Palestina vencerá!