Гуру Песен Популярное
А Б В Г Д Е Ж З И К Л М Н О П Р С Т У Ф Х Ц Ч Ш Э Ю Я
# A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z

Kathaarsys - A Involución das Masas | Текст песни

È a habitacion do fastìo, pois non se pode sentir outra cousa sen deixar de ser humano. È a falsa sensaciòn de comodidade, è a limpeza asèptica sen paixòn, è o sorriso cristalino sen transparencia. È a publicidade anoxante, bastarda, insulsa, asfixiante, moralizante sen sentenza, pìa sen piedade, è unha enumeraciòn interminable de palabras, de slogans, de frases feitas, ben feitas. È a hipocrisia si, pero no hai nada màis real aquì dentro.

È un excelente comezo. O rapaz de terceira fila ten na sùa cabeza unha idea excelente para un relato, o seu primeiro relato. Fai falta ter unha localizaciòn que non dea moitos problemas pero que inspire, que dea pè a unhas personaxes tipo a desenrolar historias interesantes, divertidas para o lecotr, cun comezo àxil, unha trama non moi complicada e un final chocante, inesperado. Non viste con personalidade, non hai nada que o faga ùnico a simple vista. Un dato, un aceso de loucura debidamente tratada, un novo sorriso (eficaz!)

Dende o maìs profundo da immundicia, radiante no seu esplendor, xorde unha chiscada de ollo. Cabello louro (real!). A complicidade non se comparte con xentalla, complicidade busca ao superiore e amòsase elocuente para o observador, principalmente cando ninguèn observa. A complicidade vai acompañada dun aparato de comunicaciòn. È imposible escoitala, principalmente cando ninguèn observa. Decidèse a conversiòn dunha alma nunha estatìstica màis, motu proprio. Non è que non haxa remorso, non hai nada.

O vello de segunda fila tose. Terà cancro ou un insignificante constipado mal curado? Porque deberia importarnos? A estatìstica exclùeo nunha marxe de beneficios lòxica (ascendente!), unha mulleriña tipo amàrrao con forza pre vendo unha hipotètica caìda. Non acontecerà nada no resto do dìa.

Risadas, na habitaciòn escoitamos risadas pouco convencionais, como rin os parvos nunha situaciòn intelixente. O home da primeira fila non està de pè, està totalmente seguro dos seus pasos e comunìcase a travès dun aparello. A caracterizaciòn da habitaciòn e a sùa funcion concreta reprime calquera conversa honesta, agàs a travès dun aparello. Estamos no Nadal. A conversa, o conversante, a situaciòn, a proxecciòn pasada e futura do acontecer anòdino non estimula pensamentos axeitados à efemèride. Què poden importar os detalles (erro!).

Fòra de filera algunha. Apartado. Indumentaria pouco axeitada para a situacion, no paìs dos tortos o cego non vale nada. O aparello de comunicaciòn està apagado, dende un àngulo mestre o superior observa con faciana totalmente inexpresiva, pero està sorrindo. Nesta situaciòn os catro ollos teñen un baleiro, o mesmo para a vìtima e para o verdugo porque mañà non haberà vitima ou verdugo…non haberà mañà. Dalgùn xeito, àmbolos dous o saben.

Chega alguèn, acumùlase o fastìo. Tal vez cinco personalidades diferentes para tres fileiras iguais. Anquilòsase o mecanismo no interior dos mecànicos. Todos sorrìn. Algo aconteceu na habitaciòn mentres o son tàcito dos aparellos enmudeceu a mùsica vital de cotianidade. Nalgùn momento se perdeu algo no que non cabe a posibilidade de reflexionar, sinxelamente non se pode. Neste baseamento foi edificada a habitaciòn, non sabemos se algo maìs, pois non sabemos nada do exterior. È certo que sabemos algo acerca do interior, pero non sabemos se è certo.

O rapaz de terceira fila comeza a desasosegarse, hai personaxes tipo pero non hai historia. Isto è un feito. A habitaciòn è mais pequena agora, a publicidade multiplìcase e un acaba por renderse a lectura de calquera cousa, o que sexa. O cont

Kathaarsys еще тексты


Статистика страницы на pesni.guru ▼
Просмотров сегодня: 2
Видео
Нет видео
-